Convocatoria de probas de certificación das ensinanzas de idiomas polo réxime libre para o curso 2021/22.
Do 9 ao 26 de novembro está aberto o prazo de inscrición nas probas de certificación para o alumnado libre.
Accede a toda a información neste enlace
Obradoiro de autocoidado
Deixámosvos información sobre un obradoiro de autocoidado que oferta o Colexio Oficial de Psicoloxía.
Clicando na seguinte imaxe podedes acceder á toda a información
Para inscribirse premer nesta ligazón
BECAS DE EDUCACIÓN 2021-2021
Xa está aberto o prazo para solicitar a bolsa do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) para o curso 2021-2022. Tedes de prazo ata o 30 de setembro de 2021.
Podedes atopar toda a información no portal de bolsas e axudas do MEFP ou facendo clic na seguinte ligazón.
Podedes tramitar a súa solicitude a través da seguinte ligazón
PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO
Convocados os premios
extraordinarios ao rendemento académico para o alumnado da ESO (Código de
procedemento ED311D)
A QUEN SE DIRIXE?
- Alumnado que no ano académico 2020/21 cursase 4º curso da ESO (réxime
ordinario)
- Que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título
- Obtivese unha media igual ou superior a 9,00 puntos no conxunto dos
catro cursos da ESO
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo comezará o 7
de xuño e rematará o 6 de xullo de 2021
PREMIOS
Vinte premios extraordinarios, cada un estará dotado con 800 euros. Estes premios son compatibles con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas.
REALIZACIÓN DA PROBA PARA A OBTENCIÓN DO PREMIO
O alumnado deberá realizar unha proba presencial o día 9 de setembro de 2021
A proba estrutúrase en dúas partes:
·
A primeira constará de diversas
cuestión referidas ás seguintes materias do 4º curso: Lingua Galega e
literatura, Lingua Castelá e literatura e Primeira Lingua estranxeira
·
Na segunda parte o alumnado dará
resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de tres materias do
currículo de 4º curso:
- · Xeografía e Historia
- · Matemáticas (orientadas ás
ensinanzas académicas ou ás ensinanzas aplicadas)
- · Unha materia a escoller entre: Bioloxía
e xeoloxía, Economía, Física e Química, Latín, Ciencias aplicadas á actividade
profesional, Iniciación á actividade emprendedora e empresarial ou Tecnoloxía
Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de 2 horas
FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse
preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado
(anexo I) dispoñible na aplicación informática
«PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a
sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou
directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu»
Opcionalmente, poderanse
presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa
reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación
electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e
sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o
sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
As solicitudes subscribiranas
directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o
caso, os/as representantes legais das persoas solicitantes
Para a presentación electrónica
deste procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de
instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas
persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de
máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán
dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico
012@xunta.gal
Para resolver dúbidas
relacionadas coa convocatoria, poderanse facer consultas no seguinte enderezo
electrónico: premios@edu.xunta.gal
Fai clic nesta ligazón para acceder á orde que regula a convocatoria
Proceso de admisión nos ciclos formativos de FP 2021-2022
Para o alumnado que quera acceder a un ciclo formativo no curso 2021-2022, na seguinte imaxe deixámosvos os prazos do proceso de amisión
A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.
Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.
No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.
Para máis información, facede clic na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/admision-curso-2019-2020
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO
QUEN PODE PARTICIPAR?
Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2020/21 fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
IMPORTE DOS PREMIOS
20 premios de 1000€ cada un (ademais de estar exento de pagar a matrícula do primeiro ano dos estudos superiores)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do 27 de abril ao 26 de maio de 2021
COMO PRESENTO A SOLICITUDE?
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática PremiosEdu (https:// www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
REALIZACIÓN DA PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO
Esta proba terá lugar o día 23 de xuño de 2021. A proba estrutúrase en dúas partes:
Primeira parte (2 horas) consiste nunha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema xeral, histórico, filosófico ou literario
Segunda parte (1 hora) consiste no desenvolvemento de temas, resposta a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral a elexir entre: matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás CCSS II; Latín II e Fundamentos da Arte II
PARA MÁIS INFORMACIÓN FAI CLIC NA SEGUINTE LIGAZÓN


