A quen vai dirixida?
Esta proba diríxese ás persoas que cumpran os seguinte requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado
equivalente para efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou
réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21.
Prazo de inscrición
O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo
de 2021.
Realización da proba
A proba celebrarase en Santiago de Compostela o día 23 de abril de 2021 no IES
San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
Estrutura da proba
O primeiro exercicio será común ás distintas modalidades. Estruturarase en catro
partes:
a) Primeira parte: Lingua Galega e Literatura I e II.
b) Segunda parte: Lingua Castelá e Literatura I e II.
c) Terceira parte: Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés).
d) Cuarta parte: Filosofía e Historia de España.
O segundo exercicio terá un carácter diferenciado en función da modalidade e itinerarios escollidos. Estruturarase en tres partes
a) Primeira parte. Proba correspondente ás materias troncais xerais propias de cada
modalidade e itinerario elixidos. Para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas
das materias Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no
itinerario de Humanidades realizaranse as probas das materias Latín I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as
probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.
b) Segunda parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción da modalidade
elixida. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante escollerá unha entre as seguintes opcións
1. Física e Química e Física.
2. Física e Química e Química.
3. Debuxo Técnico I e II.
Para a modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante
seleccionará unha entre as seguintes opcións:
1. Economía e Economía da Empresa.
2. Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.
3. Grego I e II.
c) Terceira parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción de modalidade
elixida
Para modalidade de Ciencias, a persoa aspirante elixirá unha entre as seguintes opcións:
1. Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía.
2. Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía.
Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante deberá
realizar a proba correspondente ás materias de Literatura Universal e Historia da Filosofía
Organización da proba
A sesión de mañá desenvolverase entre as 8.30 e as 14.30 horas e dedicarase á realización do primeiro exercicio. Organizarase en tres partes:
Parte 1, das 8.30 ás 11.30 horas: realizaranse as probas correspondentes ás materias
Lingua Galega e Literatura I e II e Lingua Castelá e Literatura I e II.
Parte 2, das 12.00 ás 13.30 horas: realizarase a proba correspondente á Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés).
Parte 3, das 13.30 ás 14.30 horas: realizaranse as probas de Filosofía e Historia de
España.
A sesión de tarde desenvolverase entre as 16.30 e as 20.30 horas e dedicarase á
realización do segundo exercicio. Organizarase en tres parte
Parte 1, das 16.30 ás 18.00 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as
probas de Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no
itinerario de Humanidades, realizaranse as probas de Latín I e II. Para a modalidade de
Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as probas
de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.
Parte 2, das 18.00 ás 19.00 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as
probas de Física e Química e Física, as de Física e Química e Química e as de Debuxo
Técnico I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, realizaranse as
probas de Economía e Economía da Empresa, as de Historia do Mundo Contemporáneo e
Xeografía e as de Grego I e II.
Parte 3, das 19.30 ás 20.30 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía e as de Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, realizaranse as probas de Literatura Universal
e Historia de Filosofía.
As persoas que non superen a proba na súa totalidade poderán manter a cualificación
obtida no exercicio superado para sucesivas convocatorias.
Para máis información, podes consultar a convocatoria na seguinte ligazón: Resolución DOG Mércores, 24 de febreiro de 2021 (xunta.gal)