PROBAS DE ACCESO Á FP

                                                          CONVOCATORIA 2021

 

Proba de acceso grao medio

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio, é dicir, persoas que non teñan o título da ESO nin de FPBásica

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos 17 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

Prazo de presentación da solicitude: do 15 ao 26 marzo 2021

Se queres saber en que consiste esta proba fai clik na seguinte imaxe para acceder a un caderno resumo da convocatoria.

Tamén podes consultar os  materiais didácticos para facilitar a preparación da proba así como os exames de convocatorias anteriores Exames | Xunta de Galicia


Proba de acceso grao superior

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior, é dicir, persoas que non teñan o título de bacharelato ou o título de técnico de FP (grao medio)

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos 19 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

Prazo de presentación da solicitude: 18 de febreiro ao 3 de marzo de 2021 (prazo pechado)


Publicada a listaxe provisiora inscrición e exención. Prazo de reclamación: do 10 ao 15 de marzo . Fai clic nesta ligazón para acceder á toda a información


Se queres saber en que consiste esta proba fai clik na seguinte imaxe para acceder a un caderno resumo da convocatoria.



Ademais, tamén podes consultar os exames das convocatorias anteriores premendo na seguinte ligazón: Exames por convocatorias | Xunta de Galicia


CALENDARIO DAS PROBAS DE ACCESO 2021