PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO

 

Convocados os premios extraordinarios ao rendemento académico para o alumnado da ESO (Código de procedemento ED311D)

A QUEN SE DIRIXE?

  • Alumnado que no ano académico 2020/21 cursase 4º curso da ESO (réxime ordinario)
  • Que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título
  • Obtivese unha media igual ou superior a 9,00 puntos no conxunto dos catro cursos da ESO

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

O prazo comezará o 7 de xuño e rematará o 6 de xullo de 2021

 

PREMIOS

Vinte premios extraordinarios, cada un estará dotado con 800 euros. Estes premios son compatibles con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas.

 

REALIZACIÓN DA PROBA PARA A OBTENCIÓN DO PREMIO

O alumnado deberá realizar unha proba presencial o día 9 de setembro de 2021

A proba estrutúrase en dúas partes:

·         A primeira constará de diversas cuestión referidas ás seguintes materias do 4º curso: Lingua Galega e literatura, Lingua Castelá e literatura e Primeira Lingua estranxeira

·         Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de tres materias do currículo de 4º curso:

  • ·        Xeografía e Historia
  • ·        Matemáticas (orientadas ás ensinanzas académicas ou ás ensinanzas aplicadas)
  • ·        Unha materia a escoller entre: Bioloxía e xeoloxía, Economía, Física e Química, Latín, Ciencias aplicadas á actividade profesional, Iniciación á actividade emprendedora e empresarial ou Tecnoloxía

Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de 2 horas


FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu»

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais das persoas solicitantes

Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal



Para resolver dúbidas relacionadas coa convocatoria, poderanse facer consultas no seguinte enderezo electrónico: premios@edu.xunta.gal


Fai clic nesta ligazón para acceder á orde que regula a convocatoria