QUEN PODE PARTICIPAR?
Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2020/21 fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
IMPORTE DOS PREMIOS
20 premios de 1000€ cada un (ademais de estar exento de pagar a matrícula do primeiro ano dos estudos superiores)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do 27 de abril ao 26 de maio de 2021
COMO PRESENTO A SOLICITUDE?
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática PremiosEdu (https:// www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
REALIZACIÓN DA PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO
Esta proba terá lugar o día 23 de xuño de 2021. A proba estrutúrase en dúas partes:
Primeira parte (2 horas) consiste nunha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema xeral, histórico, filosófico ou literario
Segunda parte (1 hora) consiste no desenvolvemento de temas, resposta a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral a elexir entre: matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás CCSS II; Latín II e Fundamentos da Arte II
PARA MÁIS INFORMACIÓN FAI CLIC NA SEGUINTE LIGAZÓN