Encontros virtuais USC

Os días 23, 24 e 25 de marzo, martes, mércores e xoves da próxima semana terán lugar os Encontros Virtuais na Zona USC dirixidos ao estudantado de Ensino Medio.

A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non pode deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e, nesta ocasión, farao de forma virtual, a través da páxina Web da USC:

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

Nesa páxina atoparedes enlaces para seguir en directo os actos de Inauguración e Clausura a través da canle de Youtube da USC.

 O Acto de Inauguración terá lugar o martes, 23 de marzo, ás 12h., presidido polo reitor da Universidade. A continuación o profesor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do Centro Nacional de Genotipado, pronunciará a conferencia inaugural co título "Proxectos e ilusións". Falará dos seus proxectos e ilusións.

O Acto de Clausura terá lugar o xoves, 25 de marzo, ás 18h. A escritora Érica Esmorís (Licenciada en Veterinaria no Campus de Lugo da USC) pronunciará a conferencia final co título "Non hai punto e final". Falará sobre a elección de carreira: Elixir unha carreira e formación é importante pero non determinante ao longo dunha vida profesional.

Dende a páxina de entrada poderase enlazar coas páxinas dos centros (facultades e escolas). Nestas páxinas  haberá vídeos explicativos da oferta da USC, así como das ABAU e do Acceso:

o    Presentacións das titulacións

o    Opinión dos estudantes sobre a titulación

o    Pílulas relacionadas coa titulación

o    Enlaces para conectarse por VIDEOCONFERENCIA con profesorado e estudantado de cada titulación.

A través dese enlace o estudantado poderá falar por VIDEOCONFERENCIA con responsables e estudantes da titulación para aclarar as súas dúbidas. En cada enlace figurarán os horarios de cada unha destas videoconferencias.

A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar con elas un proxecto vital.

Os Encontros son unha mostra máis dunha universidade que se abre á sociedade para prestarlle un mellor servizo , aínda máis nestes momentos difíciles polos que estamos a pasar, nos que máis que nunca debemos facer comunidade de aprendizaxe coa sociedade civil.