Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar Escoitar 2017/18

Convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.
No DOG do día 22 de maio de 2017 pubícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto.

Prazo para presentar solicitudes:  O prazo para presentar solicitudes  rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).

As solicitudes deberán presentarse presencialmente preferiblemente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. 
Este formulario (anexo I) tamén estará dispoñible: 
a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal
b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación. 


Solicitude (Anexo I)

Aplicación Web


Máis información:

Orde do 16 de maio de 2017

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros