Premios extraordinarios de Bacharelato 2015/16

1. As probas celebraranse o día 12 de xullo de 2016 de acordo co seguinte horario:

– Ás 9.30 horas, presentación dos candidatos e das candidatas.

– Das 10.15 ás 12.15 horas, primeira parte da proba.

– Das 12.45 ás 13.45 horas, segunda parte da proba.

2. Centros nos que se realizarán as probas.

Provincia da Coruña:
– CIFP Someso. Rúa Someso nº 6, A Coruña.

Provincia de Lugo:
– IES Sanxillao. Avda. das Fontiñas, nº 171, Lugo.

Provincia de Ourense:
– IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixóo, nº 19, Ourense.

Provincia de Pontevedra:
– IES Sánchez Cantón. Avenida Raíña Victoria, Pontevedra.

Para a realización das probas os candidatos e as candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Os candidatos e as candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia á que pertenza o centro educativo no que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

Máis información:

- Convocatoria 
ORDE do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios extraordinariosde bacharelato correspondentes ao curso 2015/16.
RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2016
- www.edu.xunta.es/premiosbac
- http://www.edu.xunta.gal