Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2016/2017

A Consellería de Educación convoca probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2016/17.

Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio.
Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos:


a) Dispor do título de graduado en educación secundaria obrigatoria na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente para os efectos acadé- micos, e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva. 

b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ademais da correspondente proba específica. 

c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.


Acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior.
Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se puidesen establecer na especialidade ou modalidade correspondente, e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos para efectos académicos: 
   – Bacharel ou equivalente. 
   – Técnico superior.
   – Título universitario.
   – Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato. 

b) O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, ou algún dos títulos establecidos no punto anterior, deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder. Tanto nun como noutro caso, a idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas. 

c) A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo VI, coa excepción dos aspirantes ás especialidade de Hípica, que se imparte no CPR Cemar Mondariz e no CPR Santa Apolonia e de Vela que se imparte no CPR Santa Apolonia, que deberán formalizala nos centros públicos a que están adscritos. Alternativamente tamén se poderán presentar por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e utilizarase o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es (código ED318A9)

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 21 de xullo de 2016.
Solicitudes: Para a formalización das solicitudes de inscrición para as probas os centros facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo I a esta resolución. Tamén poderá utilizarse o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es . Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría do centro. Igualmente, poderase presentar a solicitude por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Máis información no DOG 6 de xullo de 2016 e en www.edu.xunta.es


Oferta educativa de deportehttp://www.edu.xunta.es/web/node/1550