Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015/16.

Número e características dos premios 
1. Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios. 

2. Cada premio estará dotado con 750 €.

3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais, un diploma acreditativo, e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente acadé- mico anotaralle nel a distinción. 

4. A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros.

Requisitos de participación 
Poderá optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico o alumnado que reúna os seguintes requisitos: 

1. Ter cursado durante o ano académico 2015/16 o cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia. 

2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria. 

3. Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. Esta nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa. A media aritmética das cualificacións da etapa expresarase con dous decimais, redondeada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior, e deberá reflectirse na certificación académica a que se fai referencia no artigo 6 da presente orde. Para estes efectos: 
a) Non computará na obtención da nota media a cualificación da materia de Relixión, tendo en conta o establecido na disposición adicional segunda do Decreto 133/2007 polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autó- noma de Galicia. 
b) As cualificacións de «apto», «exento» ou «convalidado» non serán tidas en conta para o cálculo da nota media.

Prazo de presentación de solicitudes 
O prazo de presentación de solicitudes remata o 16 de agosto de 2016.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED311D dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

Data, horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos e das candidatas.
1. As probas celebraranse o día 9 de setembro de 2016 de acordo co seguinte horario: 
         – 9.15 horas, presentación dos candidatos e das candidatas.
         – 10.00 a 12.00 horas, primeira parte da proba. 
         – 12.30 a 14.30 horas, segunda parte da proba. 2. Centros en que se realizarán as probas. 

Provincia da Coruña: 
– CIFP Someso. Rúa Someso nº 6, A Coruña.

Provincia de Lugo: 
– IES Sanxillao. Avenida das Fontiñas, nº 171, Lugo. 

Provincia de Ourense:
 – IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, nº 12, Ourense.

Provincia de Pontevedra: 
– IES Sánchez Cantón. Avenida Raíña Victoria, Pontevedra.

- Os candidatos e as candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.
- Para a realización das probas os candidatos e as candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Realización da proba para a obtención do premio 
 Os aspirantes aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico deberán realizar unha proba estruturada en dúas partes. Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de dúas horas. 

a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira Lingua Estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en Lingua Galega e Literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente. 

b) Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións de tres materias do currículo de cuarto curso: Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Matemáticas e unha a escoller de entre Bioloxía e Xeoloxía, Educación Plástica e Visual, Física e Química, Latín, Música e Tecnoloxía.