miércoles, 27 de abril de 2016

Premios extraordinarios de bacharelato curso 2015/2016

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2015-2016 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016
 

Xestión dos premios extraordinarios de bacharelato

Requisitos  de participación:
a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2014-2015 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos. Esta será a media aritmética de todas as materias, coa excepción de relixión que non computará. E, por último, non poderán estar incursos en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas.

Número e características dos premios
1. 
1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios. 
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €, con cargo á partida orzamentaria 10.50.423A.480.1 do ano 2016, cunha dotación global de 20.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato. 
4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía econó- mica, un diploma acreditativo, e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotaralle nel a distinción. 
5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional. 
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrí- cula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2016/17.
 
Realización da proba para a obtención do premio
1. O alumnado deberá realizar unha proba que se estruturará en dúas partes:
   1.1. Primeira parte, que se desenvolverá en dúas horas: 
1.1.1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico,filosófico ou literario.
1.1.2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente. 
    1.2. Segunda parte, que se desenvolverá nunha hora:
1.2.1. Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade e cursada polo alumnado a elixir entre as seguintes:bioloxía, debuxo artístico II, física, historia da arte, historia da música e da danza, latín II,literatura universal, matemáticas II, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, química,técnicas de expresión gráfico-plástica e xeografía.
1.2.2. O alumnado que finalice as ensinanzas profesionais de música e danza e obtivese o título de bacharelato despois de superar as materias comúns do bacharelato, de acordo co establecido no artigo 50.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,desenvolverán temas, respostas e cuestións e/ou exercicios prácticos da materia de historia da música e da danza.
2. Os exercicios da proba cualificaranse entre 0 e 10 puntos cun decimal.
3. A puntuación total será a suma de cada unha das cualificacións obtidas. Para aspirar ao premio extraordinario, o alumnado deberá obter como mínimo cinco puntos en cada unha das materias da proba e 21 puntos ou máis na cualificación total.

Máis información:
Orde do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16.

No hay comentarios:

Publicar un comentario