Probas acceso ás ensinanzas artísticas superiores 2016/17

Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel para o curso 2016/17 e fagan dezaseis anos no ano 2016.


A inscrición realizarase na secretaría dos seguintes centros educativos:
  • Conservatorio Superior de Música da Coruña.
  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
  • Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Prazo de inscrición: ata o día 30 de maio.


Desenvolvemento da proba:
a) A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario: 
– 9.00 horas: presentación. 
– Das 9.30 ás 10.30 horas: Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés). 
– Das 10.30 ás 11.30 horas: Lingua Castelá e Literatura. 
– Das 12.00 ás 13.00 horas: Lingua Galega e Literatura. 
– Das 13.00 ás 14.00 horas: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía. 
– Das 16.00 ás 17.00 horas: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

b) As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.

Máis información: