Calendario e requisitos para acceder á FP Básica

Período de admisión

  • Presentación de solicitudes: do 1 ao 10 de setembro ás 13.00 horas
  • Publicación, nos centros educativos, das listaxe de alumnado admitido e non admitido: 11 de setembro
  • Matriculación: do 11 ao 18 de setembro

Requisitos

Requisitos que debe cumprir o alumnado  de forma simultánea:

  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional­mente, ter cursado o segundo curso
  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

Solicitude e matrícula

Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I da ORDE do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formaciónprofesional básica (DOG 22/07/2015)
A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido, e no caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.

Documentación

Documentación a presentar:
  • Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
  • Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos.
  • Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola re­serva para persoas con discapacidade.

Oferta

Nas seguintes ligazóns poderá consultar a oferta de ciclos formativos de réxime ordinario (grao profesional básico, grao medio e grao superior) para o curso 2015-2016:


Mais información

http://www.edu.xunta.es/fp/

ORDE do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.