Axudas para a adquisición de material escolar - Curso escolar 2015-2016

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Requisitos 
a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16. 
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros. 

Prazo
Ata o 1 de outubro de 2015

Solicitudes 
Os formularios de solicitude poderán obterse na guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e tamén se poderán descargar en formato PDF do portal educativo no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es

Documentación
A documentación que hai que achegar xunto á solicitude (ANEXO I), será a seguinte:
 a) Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática. 
 b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar. 
Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, no día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como: 
1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante. 
2º. Certificado ou volante de convivencia. 
3º. Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar. 
 c) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta telemática.
 d) No caso de discapacidade igual ou superior ao 33 % dalgún membro da unidade familiar, incluído/a o/a alumno/a, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2013: 
1º. Certificado emitido polo órgano competente. 
2º. Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de percepción de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou 
3º. Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. 
 e) No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa. 
 3. A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude. 

Máis información

ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

https://www.edu.xunta.es/axudaslibros/

http://www.edu.xunta.es/web/node/15357