Listaxe provisional de admitidos
Número e características dos premios:
- Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
- Cada premio estará dotado con 750 €.
- A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros.
Requisitos de participación:
Poderá optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico o alumnado que reúna as seguintes condicións:
1. Ter cursado durante o ano académico 2014/15 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Ter unha media das cualificacións igual ou superior a 9,00 puntos. Esta nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa. A media aritmética das cualificacións da etapa expresarase con dous decimais, redondeada á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior, e deberá reflectirse na certificación académica a que se fai referencia no artigo 5 da presente orde.
a. Segundo o establecido nas disposicións adicionais do Decreto 133/2007, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria, para a obtención da nota media non se terá en conta a área de relixión.
b. As cualificacións de «apto», «exento» ou «validado» non serán tidas en conta para o cálculo da nota media.
Proba:
b. As cualificacións de «apto», «exento» ou «validado» non serán tidas en conta para o cálculo da nota media.
Proba:
Os interesados deberán realizar
unha proba estruturada en dúas partes que valorarán os obxectivos e as
competencias básicas acadadas polo alumnado. A primeira parte constará de
diversas cuestións referidas a lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura
e primeira lingua estranxeira, agás no caso do alumnado exento da realización
da correspondente parte da proba. Na segunda, os estudantes terán que dar
resposta a cuestións de tres materias de cuarto curso: ciencias sociais,
xeografía e historia, matemáticas e unha a escoller de entre bioloxía e
xeoloxía, educación plástica e visual, física e química, latín, música e
tecnoloxía. Para poder aspirar ao premio, terán que obter, como mínimo, cinco
puntos en cada unha das materias da proba.
As probas realizaranse o día 11 de setembro de 2015 de acordo co seguinte horario:
9.15 horas, presentación dos candidatos e das candidatas.
10.00 a 12.00 horas, primeira parte da proba.
12.30 a 14.30 horas, segunda parte da proba.
Centros en que se realizarán as probas.
– Provincia da Coruña: CIFP Someso, rúa Someso, nº 6, A Coruña.
– Provincia de Lugo: IES Sanxillao, avenida Fontiñas, nº 171, Lugo.
– Provincia de Ourense: IES Ramón Otero Pedrayo, rúa Padre Feixoo, nº 12, Ourense.
– Provincia de Pontevedra: IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria, Pontevedra.

A relación do alumnado admitido e excluído e
as puntuacións obtidas por cada un, publicaranse no portal educativo www.edu.xunta.es e na páxina de inicio da
aplicación www.edu.xunta.es/premioseso.
Ademais poderase solicitar información no teléfono 881 99 77 01 da Unidade de
Atención a Centros.
Probas de cursos anteriores: