Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2015/2016

Requisitos: Estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na secretaría da ECRBBCCG (Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia).

Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais
PRAZO: ata o día 9 de xuño.
A relación definitiva de persoas inscritas será exposta no taboleiro de anuncios da escola o día 16 de xuño, así como en www.edu.xunta.es
As probas específicas de acceso comezarán o día 23 de xuño.
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 3 e 14 de xullo.


MÁIS INFORMACIÓN: