lunes, 27 de abril de 2015

PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES

Convocadas as probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2015, ás ensinanzas artísticas, para o curso 2015/2016

Prazo de inscrición para realizar a proba ata o 28 de maio de 2015

Inscrición na secretaría dos seguintes centros educativos:
  • Conservatorio Superior de Música da Coruña.
  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
  • Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Data, lugar e horario da proba: A proba de acceso realizarase o día  5 de xuño ás 9.00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:

– 9.00 h: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.

Para máis información pinchade en cada imaxe:

Ensinanzas de danzaEnsinanzas de arte dramáticoEnsinanzas de artes plásticas e deseñoEnsinanzas de conservación e restauración de bens culturaisEnsinanzas de músicaEnsinanzas de deseño


No hay comentarios:

Publicar un comentario