jueves, 22 de enero de 2015

Probas para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos

A Consellería de Cultura e Educación convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.


Prazo de presentación das solicitudes será entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015

Requisitos:
  a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2015. 
 b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos. 
 c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2014/15. 


Día: o 24 de abril de 2015

Lugar:   no IES San Clemente de Santiago de Compostela, en sesións de mañá e tarde.



No hay comentarios:

Publicar un comentario