jueves, 22 de enero de 2015

Probas para a obtención de título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos

A Consellería de Cultura e Educación convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.

Requisitos:
1. Teren cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da
proba. 
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria. 
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, ordinal 5º da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2014/15 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial. 
5. O alumnado matriculado durante o curso 2014/15 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións: 
     5.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
     5.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

Prazos de matrícula: 
   – Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos. 
   – Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que te- ñan que presentar nova documentación.

Lugar da matrícula (en Santiago de Compostela):
 – Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela. 
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.

Realización das probas: 
As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 29 de maio e 9 de setembro para as respectivas convocatorias.

Resolución pola que se convocan as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria 2015




No hay comentarios:

Publicar un comentario