Inscríbete no novo sistema de "Garantía Xuvenil"


A Garantía Xuvenil é un novo programa que promete formar ou dar unha opción de emprego para mozos entre 16 e 25 anos.

Desde o 7 de xullo pódeste inscribir no programa de Garantía Xuvenil si tes máis de 16 anos e menos de 25, e non traballas nin estudas, para recibir en pouco tempo unha oferta de emprego, de educación ou formación.

Para formar parte do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil debes reunir estes requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou ser cidadán da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo.
  • Estar empadronado no territorio nacional español.
  • Ter máis de 16 anos e menos de 25, ou menos de 30 anos en persoas con grado de discapacidad do 33% ou máis.
  • Non traballar os 30 días naturais anteriores á data de solicitude.
  • Non recibir accións educativas de máis de 40 h. mensuais nos 90 días naturais anteriores á solicitude.
  • Non recibir accións formativas de máis de 40 h. mensuais nos 30 días naturais anteriores á solicitude.
A inscripción no Sistema de Garantía Xuvenil realízase desde a páxina web oficial. Esta páxina descríbeche paso a paso como inscribirche e nesta outra como obter usuario e contraseña.

Si queres máis información sobre este programa podes vela nesta noticia oficial ou neste vídeo do programa "Aquí hai traballo" de A2.

Si tes dúbidas podes chamar ao 060 ou enviar un e-mail a info.garantiajuvenil@meyss.es


Vía: http://orientaguia.wordpress.com