lunes, 14 de julio de 2014

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación, Cultura e Deportes acaba de convocar axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2014/2015.
Trátase de axudas directas para o alumnado, incluíndo o afectado por TDAH, de subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas e deaxudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Descrición:
Axudas para cursar estudos regulados de ensino en niveis obligatorios e postobligatorios detallados na convocatoria.

Modalidades:
- Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidad ou trastornos graves de conduta.
- Axudas para programas complementarios, a alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

Destinatarios:
Alumnos escolarizados en centros educativos españois, que acrediten a necesidade específica de recibir apoio educativo e reúnan os requisitos establecidos. 

Requisitos:
- Xenerais: acreditar a necesidade específica de apoio educativo, de acordo co requirido nas bases da convocatoria para distintas situacións e tipos de axuda a conceder.
- Económicos.

Dotación:
A cuantía a conceder terá distintos compoñentes, en función dos requisitos e circunstancias do solicitante.

Prazo de presentación:
Ata o 30 de setembro de 2014

Como realizalo?:
A través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte mediante formulario on-line.

Acceso ao servizo online



No hay comentarios:

Publicar un comentario