Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2014/2015

Ensinazas deportivasA Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2014/15.

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 8  ao 14 de xullo de 2014.

LUGAR: na secretaría dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas, coa excepción da especialidade hípica que se fará nos centros autorizados que a impartan.

Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza.

MÁIS INFORMACIÓN: RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2014/15.

Probas de acceso 

Oferta educativa de Ensinanzas Deportivas

Folleto Ensinanzas Deportivas