Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2019/20.
Prazo de presentación de solicitudes comezará o día 23 de xullo de 2020 e rematará o día 24 de agosto de 2020 (un mes).
A proba celebrarase o día 11 de setembro de 2020.
Os lugares en que se realizará a proba son os seguintes:
Provincia da Coruña:
- Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso. Rúa Someso, n.º 6, A Coruña.
- IES Universidade Laboral. Rúa Salvador Allende, Culleredo.
- CIFP Politécnico de Santiago. Rúa Rosalía de Castro, n.º 133, Santiago de Compostela.
Provincia de Lugo:
- CIFP As Mercedes. Avda. de Madrid, 75, Lugo.
Provincia de Ourense:
- CIFP A Farixa. Rúa Finca Farixa, s/n (Mariñamansa), Ourense.
Provincia de Pontevedra:
- CIFP A Xunqueira. Rúa Rafael Areses s/n, Pontevedra.
- IES Politécnico de Vigo. Rúa Torrecedeira, 88, Vigo.
- CIFP Valentín Paz Andrade. Estrada Vella de Madrid, 160, Vigo
Requisitos
- Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2019/20 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
- Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
Importe Vinte premios extraordinarios. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
Estrutura da proba
1. A proba estruturarase en dúas partes:
1.1. Primeira parte, para desenvolver en dúas horas:
1.1.1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.
1.1.2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente.
1.2. Segunda parte, para desenvolver nunha hora: Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado, para elixir entre as seguintes: Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, Latín II e Fundamentos da arte II.
2. Os exercicios da proba cualificaranse entre 0 e 10 puntos cun decima
3. A puntuación de cada parte da proba obterase mediante a suma das puntuacións das materias que a compoñen.
4. A puntuación total será a suma das puntuacións obtidas en cada parte da proba. Para aspirar ao premio extraordinario, o alumnado deberá obter como mínimo 5 puntos en cada unha das materias da proba e 21 puntos ou máis na puntuación total.
As solicitudes (anexo I) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal). Será imprescindible cubrir previamente os datos na aplicación que se atopa no enderezo https://www.edu.xunta.es/premiosedu, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado cuberto cos datos correspondentes.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2006-2007, 2007-2008, 2008-2009, 2009-2010, 2010-2011, 2011-2012, 2012-2013, 2013-2014, 2014-2015, 2015-2016, 2016-2017, 2017-2018.
Máis información: