Premios extraordinarios da ESO 2020

Cononvócanse os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20. Cada premio estará dotado con 750 euros.
Prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 27 de xullo e o 21 de agosto de 2020.
A proba celebrarase o día 15 de setembro de 2020.
Requisitos de participación:
Poderá optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico o alumnado que reúna os seguintes requisitos: 
1. Ter cursado durante o ano académico 2019/20 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia. 
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria. 
3. Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño de 2015). 
Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.  
As solicitudes (anexo I) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede. xunta.gal). Será imprescindible cubrir previamente os datos na aplicación que se atopa no enderezo https://www.edu.xunta.es/premiosedu desde onde deberá xerarse o formulario normalizado cuberto cos datos correspondentes. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 


Estrutura da proba
1. A proba estruturarase en dúas partes:
a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, e Primeira Lingua Estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en Lingua Galega e Literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
b) Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de tres materias do currículo de cuarto curso: – Xeografía e Historia. – Unha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas. – Unha materia a escoller de entre as materias de opción do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Bioloxía e Xeoloxía, Economía, Física e Química, Latín, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial ou Tecnoloxía.
2. Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de dúas horas.
3. Os exercicios da proba cualificaranse entre 0 e 10 puntos cun decimal.
4. Para poder aspirar ao premio, deberanse obter, como mínimo, cinco puntos en cada unha das materias. 5. A puntuación de cada parte da proba obterase mediante a suma das puntuacións das materias que a compoñen. No caso de alumnado con exención en Lingua Galega e Literatura só computarán na primeira parte da proba as puntuacións de Lingua Castelá e Literatura e Primeira Lingua Estranxeira.
6. A puntuación final será a suma das puntuacións obtidas en cada parte da proba ao abeiro do establecido no número 1 deste artigo.

Máis Información:
ORDE do 13 de xullo de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20 (código de procedemento ED311D).