A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2020/21.
No DOG do día 19 de maio de 2020 publícase a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto.
O prazo para presentar solicitudes rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:
a) No portal educativo, no enderezo http://www.edu.xunta.gal
b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.
a) No portal educativo, no enderezo http://www.edu.xunta.gal
b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.
Máis información: