Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 1400 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018 destinadas a alumnado de ESO e bacharelato.

Prazo:  dende o 8 de febreiro o 7 de marzo (incluído)

Requisitos:  
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017/18, na Comunidade Autónoma de Galicia. 
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2016/17. 
c) Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2017/18, nun centro da Rede de centros plurilingües. 
e) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade. 
f) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 
g) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.

Destinos:

 Solicitudes e presentación:
1.As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do acceso á aplicación dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A información e aplicación "en liña" atoparase na páxina web: