Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos

A Consellería de Cultura e Educación convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización en 2018.

Requisitos:

1. Teren feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2017/18 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2017/18 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
          4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
     4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas,
Prazos de matrícula:
– Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 4 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.gal.
Lugar da matrícula (en Santiago de Compostela):
     Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
     Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.
Realización das probas 
1. As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 25 de maio e 7 de setembro para as respectivas convocatorias. 
2. Entre as 8.30 e as 9.00 horas iniciarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba. 
3. A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física. 

 Na segunda parte, das 12.15 ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación á Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos corresponden-tes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.
Na sesión da tarde, das 16.00 horas ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación.
Comprenderá os exercicios de:
a) Lingua Galega e Literatura.
a.1) Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.
a.2) Cuestións de Lingua Galega e Literatura.
b) Lingua Castelá e Literatura.
b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme ao disposto no punto a.1 para a Lingua Galega e Literatura.
b.2) Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.
c) Lingua Estranxeira (inglés ou francés)

Máis información