CAMPAMENTOS DE VERÁN 2016

Acción de Verán

A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2016.
Así mesmo, en aplicación do principio de  transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.
A Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
PRAZO ATA O 23 DE ABRIL
ÁREAS DE PARTICIPACIÓN
CampamentosCampos de traballoActividades de 18 a 30 anosOferta concertada
CAMPAMENTOS
Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais. As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo e agosto. Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...) Só tes que animarte a participar!
Consulta aquí o PDF

DATA DO SORTEO:
A data do sorteo publicarase neste apartad

CAMPOS DE TRABALLO

APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN22 de abril, ás 9:00 horas, 

Os campos de traballo son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.
  • OFERTA:
    • exclamacionImportante CAMPOS DE TRABALLO: O prazo para a entrega da documentación (orixinal) é de 48 horasque empezará a contar a partir do día e hora de recepción do correo electrónico de inscrición. A dita documentación poderase presentar por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
      Ademais, dentro deste mesmo prazo de 48 horas, deberase remitir, unha vez rexistrada,  unha copia de TODA a documentación ao fax número 981 545 843 ou ao correo electrónicocamposdetraballo.xuventude@xunta.es
      De incumprir este prazo de 48 horas, PERDERASE O DEREITO A PARTICIPAR NO CAMPO DE TRABALLO ASIGNADO, sen necesidade de comunicación expresa quedando liberada, polo tanto, a praza.
      Como inscribirse:
      Ten a man o/s código/s do/s campo/s de traballo (por exemplo: 402015). No caso dos campos de traballo internacionais, o "código Galicia" (a 1ª columna da taboa).
      Deberás facilitar obrigatoriamente os seguintes datos:
      1. NIF do solicitante.
      2. Nome e apelidos, enderezo, CP,
      3. Data de nacemento do solicitante.
      4. Teléfono de contacto e teléfono para emerxencias.
      5. Correo electrónico.
      Unha vez inscrito/a recibirás un correo electrónico coas instruccións para formalizar a inscrición no prazo de 48 horas que empezará a contar dende a recepción do mesmo.
      ACTIVIDADES DE 18 A 30 ANOS
      Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18 a 30 anos.
      Consulta aquí o PDF

      OFERTA CONCERTADA (Só para entidades ou grupos non asociados)
      A Consellería de Política Social é consciente de que as asociacións xuvenís e as entidades que realizan actividades para a xuventude non sempre dispoñen dos medios e instalacións axeitadas para a execución do seu traballo. En consecuencia, co obxecto de facilitar á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer e tempo libre, sen ánimo de lucro, regula a través desta orde, e baixo a denominación de oferta concertada, o réxime de utilización das súas instalacións xuvenís durante a campaña de verán 2016.
      Mediante a Oferta Concertada, a Consellería de Política Social oferta o uso de instalacións xuvenís durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 30 de setembro.
      Consulta a Orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ou tamén a podes descargar aquí