Guíalles en Internet. Guía para pais e profesores

Esta publicación "Guíalles en Internet" da Axencia Española de Protección de Datos está destinada  ás familias e ao profesorado  Este é un documento que orienta sobre o bo uso dos datos persoais para crear unha convivencia saudable do menor coas novas tecnoloxías. Abórdanse, entre outras cuestións, que hai que recordar ao menor cando se lle compra o seu primeiro teléfono móbil, que indicacións darlle ante o uso de tabletas dixitais e como debe actuar ante mensaxes de persoas descoñecidas. Tamén se tratan temas como o 'sexting', o 'software' malicioso ou as adicciones ás novas tecnoloxías.