Prazas nas residencias xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude


residenciaflorentinoA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca 223 prazas para mozos e mozas, nas súas residencias xuvenís para o curso académico 2015/2016, no réxime de internado.
As prazas ofértanse tanto para mozas e mozos estudantes como traballadoras/es.
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de xullo de 2016. Exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.




Prazas:
Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG. 74 prazas
Ourense: Florentino L. Cuevillas. 55 prazas
Vigo: Altamar. 94 prazas.

Do total de prazas resérvase un 9% para mozos e mozas que desempeñen unha actividade estatutaria, funcionarial ou laboral, tanto se é por conta propia como allea:
Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG. 7 prazas
Ourense: Florentino L. Cuevillas. 5 prazas
Vigo: Altamar. 8 prazas.

Requisitos para mozos e mozas estudantes:
– Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 na data do 31 de decembro de 2015.
– Cursar estudos de ciclos formativos de grao medio, de bacharelato, de ciclos formativos de grao superior, estudos universitarios tendentes á obtención de título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
- Que no concello onde radique a súa residencia familiar non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos que o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima esixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia familiar.

Requisitos para mozos e mozas traballadores/as:
- Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia familiar da persoa solicitante.
- No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses a contar dende a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
- No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no Réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.


Prezo mensual: 324 €

prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de maio de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.

Máis información no DOG do 8 de maio de 2015.