jueves, 7 de mayo de 2015

MATERIAS OPTATIVAS

Materias optativas que oferta o noso centro.

A continuación unha breve información, elaborada polos departamentos respectivos, das  seguintes materias:

CULTURA CLÁSICA
Recorrido pola antigúidade clásica (greco-latina) para comprobar a pervivencia de moitos dos seus elementos culturais, literario-lingüísticos, mitolóxicos non nosos días.
Trátase de ver a conexión entre civilización clásica e occidental.
-  Mitoloxía grega e latina. Coñecemento dos personaxes e desenvolvemento dos mitos a través de xogos, concursos, videoclips e de lectura  e elaboración de comics.
- Coñecemento das civilizacións antigas. Aprovecitamento didáctico de videxogos, reproducións virtuais de batallas e de edificios coñecidos e misteriosos: labirintos, cidades perdidas etc... 
- Coñecemento dos sistemas de escritura antigos e crípticos. Distintos alfabetos como son o grego, cirílico, árabe e hebreo. 
- Teatro clásico. Representación e visualización de obras clásicas. Asistencia a festivais de teatro clásico.

Recomendada para alumnado que teña preferencias polas letras.

TALLER DE INICIATIVAS EMPRENDEDORAS
Os contidos están divididos en dous bloques. A primeira comprende o conxunto de calidades e habilidades que forman o espírito emprendedor, No segundo, pretendese relacionar o alumno e o seu entorno con iniciativas emprendedoras e empresariais a traves da elaboracion de proxectos.
Esta materia contribúe á adquisición de:
Os conocementos necesarios para a comprension e desenvolvemento do proxecto emprendedor.
Obxectivos:
1. Comprender o concepto de empresario e a sua evolución no tempo.
2. Valorar a figura do emprendedor como un axente de cambio social, de desenvolvemento e de innovación.
3. Desenvolver o espírito emprendedor a traves do fomento de actitudes, capacidades, habilidades sociais e de dirección.
5. Utilizar as tecnoloxías de informacion e comunicación como instrumento básico de iniciativas emprendedoras.


TALLER DE ENERXÍAS ALTERNATIVAS (TEAS)
TEAS (Taller de Enerxías Alternativas) pretende dar ao alumnado unha visión global dos diferentes tipos de enerxías non convencionais, tamén chamadas enerxías alternativas.
Este grupo de fontes de enerxía exclúe o petróleo e a enerxía nuclear. Concretamente referímonos ás seguintes fontes de enerxía: solar, eólica, biomasa, RSU ( Residuos Urbanos), Maremotriz, enerxía das ondas, xeotérmica e hidrotérmica. Tamén chamadas enerxías renovables, por ser teoricamente inagotables, están chamadas a ter unha presencia cada vez máis destacada no futuro.
O enfoque didáctico é fundamentalmente práctico, onde o alumnado constrúe pequenas maquetas relacionadas coas enerxías alternativas. Intentamos que aprendan construíndo. Así aprenden a traballar en equipo e a desenvolver habilidade manual procurando que adquiran os coñecementos de forma amena e agradable.

INICIACIÓN Á IMAXE DIXITAL E MULTIMEDIA (ofértase en 4º ESO)
Iniciación á Imaxe dixital e multimedia pretende dar unha formación en todo tipo de imaxe con medios dixitais, en especial fotografía e vídeo. Manexar correctamente cámaras, videocámaras, escáneres, impresoras e programas de tratamento e edición.
Resumo de contidos: 
1- Imaxe e Comunicación: Tipos e tecnoloxías da imaxe audiovisual: Medios Audiovisuais, Fotografía, Video, Documentos multimedia. Imaxes interactivas. 
2- Elementos da Linguaxe audiovisual: Captura con cámaras fotográficas e de video. Escenografía. Iluminación. Composición. 
3- Manexo de escáneres, cámaras e sistemas informáticos : Parámetros de captura. Volcado. Almacenamento. Equipos informáticos e formatos dixitais. 
4- Tratamento e axuste da imaxe dixital: Técnicas para mellorar imaxes. Axustes. Fotomontaxe. Gravación e edición de vídeo. 
5- Aplicacións da imaxe dixital: Creación de imaxes interactivas. Videoproxección. Maquetación de documentos. Impresión. Deseño web. Información máis detallada en http://www.xelmirez.com/debuxo/optativa.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario