Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2015/2016


Requisitos: Estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida.

Prazo: ata o 28 de maio.



O día 1 de xuño as escolas de Arte e Superiores de Deseño exporán a listaxe provisional de admitidos ás probas. O alumnado poderá presentar reclamacións os días 2 e 3.
O día 4 de xuño a relación definitiva de persoas inscritas será exposta no taboleiro de anuncios de cada escola, así como en www.edu.xunta.es
O alumnado que obteña praza poderá formalizar a súa matrícula entre os días 3 e 14 de xullo.
As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 19 de xuño na EASD Pablo Picasso da Coruña, de acordo co seguinte calendario e horario:
1ª parte: das 10.00 ás 13.00 horas.
2ª parte: das 16.00 ás 20.00 horas.
Máis información: 



  • Preguntas máis comúns sobre as ensinanzas superiores de deseño de réxime especial
  • Oferta educativa de Artes Plásticas e Deseño
  • Escolas de Arte e Superiores de Deseño: http://www.edu.xunta.es/web/node/1604