Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Convocatoria 2015.



                                                            Prazo de inscrición nas probas de acceso:
    FP-Logotipo
  • Ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 ao 20 de abril de 2015, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 23 de febreiro e 6 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
Requisitos grao medio: 
-  Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio, aquelas  persoas que  non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan cumpridos dezasete anos ou os cumpran no ano natural de realización da proba.

Requisitos grao superior: - Quen non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao superior e se atope nalgunha das seguintes situacións:
- Ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de realización da proba.
- Cumprir ou ter cumpridos dezaoito anos no ano natural de realización da proba, e dispor dun título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción a que opta, consonte o que se establece no Anexo  da Resolución do 10 de xaneiro de 2013 (DOG 21 de xaneiro).

CALENDARIO CICLO MEDIO

Fonte:  http://www.edu.xunta.es/fp/probas-acceso-convocatoria-2015