Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016

De acordo coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, que establece o calendario de prazos para a súa tramitación, publícanse os formularios de solicitude de reserva de praza nos centros de adscrición, en galego e castelán.
 
  • O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, deberá presentar no centro de orixe o modelo Anexo I que se publica entre os días 1 e 15 de febreiro. 
  • O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, e o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, presentará a solicitude que deberá axustarse ao modelo normalizado do Anexo II desta orde. 
  • O prazo de presentación das solicitudes de admisión será do 1 ao 20 de marzo de cada 
  • ano, ambos os dous inclusive. 
DOCUMENTACIÓN:



NORMATIVA: