Guía de saídas profesionais. Escolle o teu futuro con toda a información

A Universidade de Granada publicou unha Guía de saídas profesionais que pode ser unha ferramenta moi útil para tomar decisións á hora de elixir unha carreira. A Guía, pretende "servir de orientación a estudantes preuniversitarios na elección da súa titulación universitaria en función do coñecemento das distintas áreas de traballo e oportunidades laborais asociadas aos seus futuros estudos". É dicir, que os estudantes de Bacharelato poden atopar unha gran cantidade de información sobre todos os estudos universitarios que se imparten na Universidade de Granada (66 graos), pero que tamén serven de referencia para os que se estudan noutras universidades. En cada un dos graos infórmase do mercado de traballo (situación actual e evolución o longo dos últimos anos), perspectivas laborais, ámbitos profesionais, ocupacións, ... En suma, unha guía útil para elixir ben os estudos universitarios.
Vía: https://orientacionmachado.wordpress.com