viernes, 10 de octubre de 2014

BECAS PARA ESTUDAR 1º BACHARELATO EN ESTADOS UNIDOS

A Fundación Barrié e a Fundación Amancio Ortega, no seu afán por mellorar  o ensino e o nivel de preparación dos novos estudantes de Galicia,  continúan o seu compromiso co programa de becas para a realización dun  ano académico nun instituto de ensino público, High School, de Estados Unidos, e convocan a VI Edición do Programa Internacional de Becas High School. Número: 75 prazas.

Requisitos para enviar a túa solicitude:
1. Cumprir 15 anos antes do 1 de agosto de 2015.
2. Ser alumno de 4º de Educación Secundaria Obligatoria (ESO) nun Centro de Ensino en Galicia.
3. Ter mínimo un 7,5 puntos como promedio en terceiro de ESO, que deberá estar certificado polo Centro de Ensino.
4.  Ter mínimo un 7 na materia de inglés en terceiro de ESO, que deberá estar certificado polo Centro de Ensino.
5. Presentar certificado de renta familiar, expedido pola Axencia Tributaria competente.
6.  Cumprimentar o formulario de inscripción online. 



Período de inscripción:
Desde o 3 de outubro de 2014 ás 12:00 horas ata o 17 de novembro de 2014 ás 12:00 horas.


Solicitude online e máis información: http://www.becashighschool.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario