CONVOCADAS AXUDAS PARA O ALUMNADO PARA A  REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN   LINGUAS ESTRANXEIRAS 2014          



idiomasssss
A Consellería de Educación convoca axudas para realizar as actividades de formación lingüística durante o ano 2014 dirixidas á mellora das competencias en inglés do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.
As actividades desenvolveranse en Galicia.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2014.
Requisitos:a) Estar cursando, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2013/14, na Comunidade Autónoma de Galicia, algún dos seguintes cursos:
1º, 2º, 3º e 4º da ESO, 1º ou 2º de bacharelato.
b) Ter superadas todas as áreas, materias ou módulos no curso 2012/13.
c) Ter acadado no curso 2012/13 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, na área ou materia de lingua inglesa.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de abril de 2014.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
Máis información:    - DOG do 27 de marzo de 2014
                                  -  http://www.edu.xunta.es/axudasle

                                 - Acceso ao cartel informativo