Calendario das probas 2014
1. Datas de inscrición: 17 ao 28 de febreiro.
2. Lugares para realizar a inscrición:
Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero, 3, 15003, A Coruña.
IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, 15705, Santiago de Compostela.
Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003, Lugo.
Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomaior, 4, 32002, Ourense.
Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002, Pontevedra.
Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202, Vigo.
3. Data de celebración da proba: 25 de abril.
4. Lugar de celebración da proba para o alumnado de toda Galicia: IES San Clemente,Santiago de Compostela.
MATERIAIS QUE SE PODEN UTILIZAR NA REALIZACIÓN DA PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO PARA MAIORES DE VINTE ANOS
1. En todas as partes da proba: bolígrafo azul ou negro.
2. No caso das materias que implican operacións numéricas (exames con contidos de matemáticas, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, física, química, electrotecnia, tecnoloxía industrial e economía) poderá utilizarse unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.
3. No caso das materias de latín e grego, dicionario desas linguas.
4. No caso da materia de debuxo técnico, portaminas/ lapis e goma, regra milimetrada, escuadro e cartabón, compás.
Os aspirantes non poderán utilizar durante a realización da proba teléfono móbil nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou transmisión de datos
NORMATIVA:
Fonte: http://www.edu.xunta.es/
- Orde do 10 de febreiro de 2012 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia.
- RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.
Fonte: http://www.edu.xunta.es/