jueves, 8 de agosto de 2013

Premios de Educación Secundaria Obrigatoria ao esforzó e á superación persoal correspondentes ao curso 2012/13

Requisitos:
Poderán optar aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal o alumnado que reúna as seguintes condicións:
1.Cursar durante o curso 2012/13 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
2.Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3.Os alumnos e alumnas que sexan candidatos/as ao premio deberán merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno familiar e sociocultural, polo que se significan singularmente, e se fan merecedores de optar a esta modalidade de premios.
O perfil obxecto destes premios correspóndese co alumnado:
a) Que procede de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta cara conseguir rematar os seus estudos.
b) En proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.
O solicitante debe cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma segundo o indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.
O solicitante autoriza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009 que o desenvolve, para a consulta dos seus datos de identidade no sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
Número e características dos premios:
1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
2. Cada premio estará dotado con 750 €, con cargo á partida orzamentaria 09.50.423A.480.1 dos orzamentos do ano 2013 cunha dotación global de 15.000 €.
3. A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros.
Forma e prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes serán subscritas directamente polas persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso polos representantes legais dos solicitantes.
Prazo de presentación de solicitudes: remata o día 20 de setembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario