PCPI: admisión alumnado curso 2013-2014

Publicouse, no DOG, a Resolución do 31 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se determinan os prazos de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan programas de cualificación profesional inicial (PCPI) e se ditan instrucións para o desenvolvemento no curso 2013-2014.

Prazo de presentación de solicitudes de admisión e documentación: desde o día 2 de setembro ata as 13.00 horas do día 11 de setembro.

Luqar: na secretaría do centro que ofreza o programa.

Publicación da listaxe de admitidos:  o día 13 de setembro.

Prazo de matriculación: do 13 ao 17 de setembro, ambos os dous incluídos.




Normativa que regula os PCPI

NOTA: pódese consultar neste blog, nunha entrada anterior, a  oferta de PCPI 2013-2014