O CNIC ofrece a estudantes de Educación Secundaria en segundo de Bachillerato, na modalidade de Ciencias e Tecnoloxía, (na LOXSE, Ciencias da Natureza e Saúde) a posibilidade de entrar en contacto coa investigación biomédica para espertar e fomentar o seu interese nela.
Contido: Aprendizaxe técnicas de laboratorio, coñecimento de equipos científicos, ...
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 4 de xuño de 2013.
Para este ano 2013 convócanse 8 prazas.
O período formativo desenvolverase nas instalacións do CNIC desde o 8 ao 19 de xullo de 2013.
Características do programa
A convocatoria realízase a nivel nacional e a súa difusión aos centros de ensino xestionase a través das Comunidades Autónomas e as súas correspondentes Consellerías de Educación. Os alumnos interesados en participar no programa deben concorrer de forma individual. Os alumnos seleccionados gozarán dunha beca que cubrirá os seguintes conceptos:
- Viaxe de ida e volta no medio elixido polo alumno (avión, tren ou autobús)
- Estancia en Colexio Maior
- Traslados entre punto de chegada a Madrid e o Colexio Maior
- Traslados diarios entre o colexio Maior e o CNIC e os derivados da realización de actividades extra-académicas.
- Gastos de manutención (réxime pensión completa)
- Dotación económica para gastos persoais de 300 eurros.
Bases da convocatoria
Solicitude
Web do Programa ACÉRCATE