Prazo de presentación: o prazo remata o día 7 de xuño de 2013.
Formulario solicitude
Xestión dos premios extraordinarios de Bacharelato
Requisitos de participación:
a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2012-2013 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.
Número e características dos premios
1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outropr mio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.
4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá,ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico, anotaralle nel a distinción.
5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza
na normativa vixente para o curso 2013-2014.
Realización da proba para a obtención do premio
1. O alumnado deberá realizar unha proba que se estruturará en dúas partes:
1.1. Primeira parte, que se desenvolverá en dúas horas:
1.1.1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico,filosófico ou literario.
1.1.2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente.
1.2. Segunda parte, que se desenvolverá nunha hora:
1.2.1. Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade e cursada polo alumnado a elixir entre as seguintes:bioloxía, debuxo artístico II, física, historia da arte, historia da música e da danza, latín II,literatura universal, matemáticas II, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, química,técnicas de expresión gráfico-plástica e xeografía.
1.2.2. O alumnado que finalice as ensinanzas profesionais de música e danza e obtivese o título de bacharelato despois de superar as materias comúns do bacharelato, de acordo co establecido no artigo 50.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,desenvolverán temas, respostas e cuestións e/ou exercicios prácticos da materia de historia da música e da danza.
2. Os exercicios da proba cualificaranse entre 0 e 10 puntos cun decimal.
3. A puntuación total será a suma de cada unha das cualificacións obtidas. Para aspirar ao premio extraordinario, o alumnado deberá obter como mínimo cinco puntos en cada unha das materias da proba e 21 puntos ou máis na cualificación total.
Convocatoria: Orde do 22 de abril de 2013 (DOG 30/04/2013)