Destinatarios: persoas con experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente e non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional.
Requisitos das persoas solicitantes:
Requisitos de carácter xeral
• Non estar matriculado/a en ciclos formativos de FP, nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
• Non estar en posesión dun título de FP declarado equivalente ao correspondente título de FP LOE obxecto da proba.
• Para optar aos títulos de técnico:
– Ter a titulación de ESO, proba de acceso ou estudos declarados equivalentes.
– Ter 18 anos.
• Para optar aos títulos de técnico superior:
– Ter o titulación de Bacharelato, proba de acceso proba de acceso ou estudos declarados equivalentes.
– Ter 20 anos, ou 19 anos no caso de posuír o título de técnico.
Prazo de solicitude de admisión: Do 19 ao 30 de abril de 2013, ata as 13 horas
Documento informativo da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Máis información: Requisitos das persoas solicitantes, relación de ciclos e prazas ofertadas, lugar de presentación de solicitudes, solicitudes de inscrición, ...