domingo, 7 de abril de 2013

ACCESO Á UNIVERSIDADE DESDE A FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR

Para estudates de FP: 
Aqueles que estean en posesión dos títulos de técnico superior de formación profesionaltécnico superior de artes plásticas e deseño, ou técnico deportivo superior a que se refiren os artigos 44, 53 e 65 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio de Educación, ou títulos equivalentes, teñen acceso directo a todos os ensinos universitarios de Grado. A nota de admisión obtense facendo a media entre os módulos do ciclo formativo.

En caso de empate, terá acceso preferente a persoa cuxo título de Formación Profesional de grado superior estea adscrito á mesma rama de coñecemento que os estudos universitarios que se queiran cursar de acordo. coa seguinte tábo
a. Ver listado de adscripción (anexo II). 

Para os que desexen solicitar a admisión a ensinanzas universitarias nas que se produza un procedemento de concorrencia competitiva (é dicir, que haxa máis solicitudes ca prazas ofertadas), poderán presentarse á fase específica para mellorar a nota de admisión. Neste caso, as universidades públicas utilizarán para a adxudicación de prazas a nota de admisión que corresponda, que se calculará coa seguinte formula: 

Nota de admisión = NMC + a·M1 + b·M2
NMC =
Nota media do Ciclo Formativo de Grao Superior
M1, M2 =
Materias específicas de 2º bacharelato das que se examina o alumno/a que proporcionen mellor nota de acceso.
a, b =
Parámetros de ponderación das materias específicas.

Os parámetros de ponderación a e b terán un valor comprendido entre 0,1 e 0,2, outorgado polo SUG. Ver parámetros de ponderación das materias da fase específica da PAU 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario