sábado, 16 de marzo de 2013

Guía para profesores: "Entender e atender ao alumnado con trastornos de aprendizaxe nas aulas"

En todos os centros, e en case todas as aulas hai escolares que teñen problemas de lectura, de escritura ou de cálculo. Estes problemas poden ter distintas causas, pero esta guía vaise centrar nun grupo de alumnos que é o que presenta dificultades específicas de lectura, escritura ou cálculo por ter un trastorno de aprendizaxe. 
Esta guía trata de:
- Proporcionar ao profesorado información básica sobre a natureza dos trastornos de aprendizaxe (TA), de forma que lle axude a comprender as características e necesidades educativas que poden presentar algúns dos seus alumnos e alumnas.
- Ofrecer pautas e estratexias que orienten e apoien ao profesorado na realización dos axustes metodolóxicos e de avaliación que propicien o éxito escolar de todo o seu alumnado.
Fonte: CREENA

No hay comentarios:

Publicar un comentario