Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional. Convocatoria 2021

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021. (códigos de procedemento ED312C e ED312D).


Prazos de presentación de solicitudes:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: do 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: do 18 de febreiro ao 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.


Lugar de presentación das solicitudes:

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» 
(https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal)
2. Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2020/21. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas»(https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e, posteriormente, presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais. 
3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.