PROBA DE OBTENCIÓN DO TÍTULO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

A quen vai dirixida?

A aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos: 

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. 

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria. 

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2020/21 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2020/21 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións: 

4.1 Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos

4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

 

Prazos de matrícula 

Convocatoria de maio: 8 de marzo ao 18 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos. 

Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.


Data de realización da proba

Convocatoria de maio: 21 de maio de 2021 

Convocatoria de setembro: 10 de setembro de 2021 


Estrutura da proba 

As probas constarán de tres partes, correspondentes aos tres ámbitos en que se organizan as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria para as persoas adultas

A sesión da mañá terá dúas partes

  • Na primeira, das 9.30 ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física
  • Na segunda parte, das 12.15 ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.

Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:

 a) Lingua galega e literatura.

b) Lingua castelá e literatura

c) Lingua estranxeira (inglés ou francés).


Para información máis detallada accede á ligazón da convocatoria: Resolución DOG Venres, 12 de febreiro de 2021 (xunta.gal)