Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/2021

A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2020/21,
As residencias escolares prestan un servizo complementario que contribúe eficazmente ao desenvolvemento educativo, pois facilitan o acceso ao ensino postobrigatorio ao alumnado que debe escolarizarse en localidades distintas ás do seu domicilio habitual, así como a aquel que, por circunstancias excepcionais, deba utilizar o servizo de residencia como medida para asegurar unha adecuada resposta educativa que non pode recibir nun centro docente da súa residencia habitual.

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
·     Para o alumnado matriculado en bacharelato, ata o día 10 de xullo de 2020 (este incluído).
·       Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, ata o día 3 de agosto de 2020 (este incluído).
Máis información: