Acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Música para o curso 2020/2021


Publicadas as instrucións para o a acceso e admsión do alumnado nas ensinanzas superiores de Música para o curso 2020/21.  

Prazo de presentación solicitudes: ata o 29 de xuño( incluído). 

Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías dos conservatorios superiores de música de Galicia. As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición nas secretarías dos conservatorios.   

Na solicitude deberanse indicar a especialidade e o itinerario, de ser o caso, a que se desexa acceder, así como a preferencia de centro en que se desexa cursar naquelas especialidades que se ofertan nos dous conservatorios. 4. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría do centro.  

+ Información: