Probas libres para a obtención de títulos FP LOE. Curso 2019-2020

Publicada a Resolución do 29 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento da convocatoria do curso 2019-2020 das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
A Resolución establece as datas do período de solicitudes de matrícula para as probas libres de títulos LOE de formación profesional e as datas para a celebración das probas

O período de presentación de solicitudes de matrícula será do día 1 ao 12 de xuño de 2020 ás 13:00 horas. A matrícula farase en XADE (como matrícula do curso 2019-2020) previa comprobación do cumprimento dos requisitos de acceso.
·A presentación de solicitudes de matrícula farase no centro de 1ª opción.
·Terá consideración de matrícula efectiva a solicitude presentada no período de presentación de solicitudes sempre e cando a persoa solicitante cumpra os requisitos de acceso para as probas libres para títulos LOE en prazas liberadas.
·As persoas solicitantes que non cumpran os requisitos notificaráselles individualmente ou ben no momento de presentación da solicitude de matrícula, ou con posterioridade se nese momento non fose posible.
·No caso de que a demanda de prazas exceda as ofertadas, o centro estará autorizado a incrementar o límite establecido de prazas ofertadas sempre que non supere as posibilidades organizativas do centro.
-As probas realizaranse na primeira quincena do mes de setembro. Os centros deberán elaborar no mes de xuño o calendario das probas de setembro para informar ao alumnado.
-As instrucións para os centros educativos, o modelo de solicitude de inscrición, a resolución do 29 de maio e o modelo de certificado de actividades na empresa xúntanse en arquivos anexos.